4/28/2023

CROSS 2023. Toda a información

Como xa todos e todas sabedes, o domingo día 30 de abril celebrarase o XXIV Cross Escolar en Castrillón.

Trátase dunha actividade deportiva que realizamos anualmente polos arredores do colexio e que nestes últimos anos estivo "parada" por mor da pandemia. Soe levarse a cabo o último fin de semana de abril e a súa participación está aberta a todos os colexios da contorna: Ceip A Rúa, Ceip Nazaret, Ceip San Roque... Moaña, Bueu, e este ano non iba ser diferente.


Dende a Anpa queremos que a escola forme parte activa do deporte escolar da Comarca do Morrazo, congregar a numerosas familias e pasar unha bonita xornada.  A súa finalidade non é outra que a de promover o deporte e a actividade física, a convivencia entre o alumnado de diferentes centros escolares e a competición saudable. Polo que, grandes e pequenos, papás e mamás, avós e avoas, familia, amigos... estades todos convidados á carreira mais popular da contorna!!

Aproveitamos este medio de comunicación para deixarvos toda a información sobre o evento e así poder solventar algunha dúbida ou cuestión que poida xurdir.

A competición, igual que todos os anos, será so de mañá. Dará comezo ás 10.00 h e a orde de participación será a seguinte.

- Prebenxamins (nados en 2015-2016)
- Benxamíns (nados en 2013 -2014)
- Alevíns (nados en 2011-2012)
- Infantís (nados en 2009-2010)
- Pitufos (nados en 2017-2019)
- Cadetes (nados en 2007-2008)
- Popular e Pais/Nais (nados en 2006 e anteriores)

Cada categoría terá á súa vez, carreira en modalidade feminina e carreira en modalidade masculina.

Os participantes estarán provisto de dorsal cos seus datos de inscrición (cada un debe levar o seu facilitado pola Anpa do seu colexio). Uns minutos antes do comezo de cada proba, seredes avisados por megafonía para situarse nas respectivas saídas.
Ao remate de cada carreira facilitase comida e bebida individual a cada competidor/a para repoñer folgos (bolsa de merenda con froita, bocata, auga...).


(Rogamos que nas categorías mais pequerrechas, deixemos correr ós cativos sós ao seu aire. Podemos, por suposto, animalos dende os laterais, pero non é preciso correr con eles ou apuralos a facer a proba. Para eles é un xogo en común cos seus compañeiros e debería seguir sendo así)


Achegamos o mapa do percorrido que se vai realizar. Sempre será na contorna do colexio, rematando todas as probas na entrada ao pabillón. As saídas, dependendo a categoría, serán diferentes pero haberá cintas e vallas para guiarnos e persoal en cada zona indicando o camiño a seguir, non hai perda!!











As distancias de cada proba serán as seguintes:




Tras a finalización completa do evento outórganse os trofeos aos gañadores de cada carreira, e sortearemos unha morea de agasallos!!!


Recordamos que se algunha persona quedou sen anotarse, poderá facelo o propio día na mesa de inscripcións situada no colexio!


Por ultimo, recordamos que a carretera estará cortada, dende o cemiterio de Coiro ata o Cruce da Rosada, polo que aconsellamos vir con tempo.



Para calquera outra dúbida podes poñerte en contacto con nos!



Queremos, dende toda a directiva da Anpa, dar as GRAZAS a todas as empresas e persoas colaboradoras que aportaron o seu gran de area para que esta actividade se levase a cabo un ano mais.






MIL GRAZAS E VÉMONOS O DOMINGO!!

3/07/2023

ACTIVIDADES NA SEMANA DO 8M

 (GAL)

Bos días familias,

Gustaríanos achegarvos algo de información e actividades de interese para estes días con motivo do 8M.

Como xa vos anunciamos por redes sociáis, está exposta na fachada do Concello, ata o día 12, unha presentación de mulleres triunfadoras da nosa vila. A infografía de Teresa Portela que se amosa está feita polo centro, todas baixo o nome de "Recuperando a Historia das Miñas Veciñas II".

A partir do día 13 e ata fin de mes, estará itinerante por todas as Bibliotecas do Concello.

Ademais outras actividades para cativos das que podemos disfrutar:

MÉRCORES 8 ás 18.00 h: "Mulleres de pedra", un contacontos familiar na Capela do Hospital.

VENRES 10 ás 18.00 h: proxección da película infantil "Raia e o último dragón" no Auditorio de Cangas. Para público familiar e de entrada libre.

Vos animamos coma sempre a seguirnos por redes sociáis!!






(ESP)

Buenos días familias,

Nos gustaría acercaros algo de información y actividades de interés para estos días con motivo del 8M.

Como ya os anunciamos por redes sociales, está expuesta en la fachada del Ayuntamiento, hasta el día 12, una presentación de mujeres triunfadoras de nuestro pueblo. La infografía de Teresa Portela que se muestra está hecha por el centro, todas bajo el nombre de "Recuperando la Historia de Mis Vecinas II".

A partir del día 13 y hasta fin de mes, estará itinerante por todas las Bibliotecas del Ayuntamiento.

Además otras actividades para niños/as de las que podemos disfrutar:

MIÉRCOLES 8 a las 18.00 h: "Mujeres de piedra", un cuentacuentos familiar en la Capilla del Hospital.

VIERNES 10 a las 18.00 h: proyección de la película infantil "Raya y el último dragón" en el Auditorio de Cangas. Para público familiar y de entrada libre.

Os animamos como siempre a seguirnos por redes sociales!!

2/27/2023

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS 2023



(GALEGO)

Como cada ano por esas datas, comezan as xornadas de portas abertas nos colexios da contorna.As datas sinaladas para coñecer de preto o noso centro e a súa forma de traballar serán os días:

- 28 de febreiro
- 7 de marzo
- 14 de marzo

As familias interesadas que non poidan asistitr nestes días, poden poñerse en contacto co centro e concertar unha cita para coñecer as instalacións.

Animamos a todas as familias, especialmente ás que teñan cativos de 2-3 anos, que veñan descubrir o CEIPP Castrillón de Coiro.

Mais información e algúns videos na seguinte ligazón:




---------------------------------------------------------------

(CASTELLANO)

Como cada año por esas fechas, comienzan las jornadas de puertas abiertas en los colegios de la zona. Las fechas señaladas para conocer de cerca nuestro centro y su forma de trabajar serán los días:

- 28 de febrero
- 7 de marzo
- 14 de marzo

Las familias interesadas que no puedan asistitr en estos días, pueden ponerse en contacto con el centro y concertar una cita para conocer las instalaciones.

Animamos a todas las familias, especialmente a las que tengan niños/as de 2-3 años, que vengan a descubrir el CEIPP Castrillón de Coiro.

Más información y algunos vídeos en el siguiente enlace: