1/23/2026

CHARLA: AS TICs E OS SEUS RISCOS (XOVES 29)

 CHARLA: AS TICs E OS SEUS RISCOS

O Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos amplía a súa oferta de charlas informativas/formativas. Ademais das destinadas tanto ao alumnado como ao profesorado agora amplíanse ás familias polo que a ANPA solicitou ditas charlas para desenvolver no noso centro.

Son charlas de carácter GRATUITO, impartidas por axentes e expertos das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado (Policia Nacional e Garda Civil segundo as súas respectivas demarcacións. No noso caso probablemente Garda Civil) onde abordarán cuestións como:

Uso responsable de internet (idade, uso-abuso-adicción).

Ciberacoso, grooming, sexting e cómo actuar.

Contidos inapropiados.

Videoxogos e redes sociais.

Recomendacións, ferramentas e acompañamento familiar.



Trátase dunha charla formativa que complementa o que estes axentes expertos enseñan a os nosos fillos e fillas na súa respectiva charla en aula. Nunha enquisa que se levou a cabo, o alumnado reflexaba que lle gustaría que os seus pais e nais recibiran tamén esa formación.


É un tema de responsabilidade, para a protección dos nosos fillos/as e saber manternos en alerta co avance das tecnoloxías.


Para garantir que un mínimo de persoas vai asistir precisamos que cubrades o seguinte formulario. O servizo de canguraxe dependerá se conseguimos facer grupo ou non:


https://forms.gle/fARESzrVC8WhYeUg7


Grazas e vémonos o xoves!!!

12/16/2025

Carroza de Reis 2026

 Invitación ás familias


Carroza de Reis 2026

Queridas familias,

O noso colexio, a través da ANPA, xa está a preparar a carroza de Reis Magos deste ano e queremos convidarvos a formar parte deste evento tan especial.  

Esta vez, baixo o título “Doce Nadal” recrearemos unha carroza chea de lambetadas, bastóns de caramelos e galletas de xenxibre.


A participación das familias é fundamental para facer desta actividade un verdadeiro momento de ilusión para os nosos pequenos/as. Asegurámosvos que os seus sorrisos ese día fan que o esforzo de elaborala mereza a pena.


Como podedes colaborar:

- Axudando na elaboración e decoración da carroza. Comezaremos  unha vez remate o cole, normalmente imos entre semana en horario de tarde ao pabillón do cole.

- Proporcionando materiais ou elementos decorativos, case todo o que empregamos soe ser reciclado.

- Axudando na elaboración dos disfraces.

- Axudando na petición de caramelos polos establecementos de Cangas.


Temos un grupo de whatsapp aberto para que todas aquelas familias que queiran formar parte poidan unirse a nós ou preguntar as dúbidas que teñan ao respecto.

O único que requerimos é que para que calquera neno/a poida ir dentro da carroza lanzando caramelos debe de haber colaboración, de algún xeito ou outro, por parte de algún dos proxenitores ou familiar. Outra opción sempre pode ser ir desfilando a pé detrás da carroza.

A DIRECTIVA DA ANPA


11/20/2025

CAMPAÑA SOLIDARIA DE RECOLLIDA DE XOGUETES


CELEBRAMOS O DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DA INFANCIA

CUNHA CAMPAÑA SOLIDARIA DE RECOLLIDA DE XOGUETES.


Neste día adicado a lembrar que todos os nenos e nenas teñen dereito a crecer felices, seguros e respectados, dende a ANPA queremos sumar un xesto que fale de empatía e de comunidade.

Poñemos en marcha, a partir de hoxe e ata o día 18 de decembro, unha recollida Solidaria de Xoguetes, unha oportunidade para compartir un anaquiño de ledicia con outros pequenos/as que o precisan. Cada xoguete doado é moito máis que un obxecto, é unha invitación ao xogo, á imaxinación e á esperanza.

Do mesmo xeito, non queremos esquecernos da rapazada adolescente polo que tamén recollemos libros, xogos de mesa, material electrónico ou accesorios que poidan motivalos e facelos sentir que tamén importan. 

Animámosvos a revisar na casa eses xoguetes, material escolar ou mesmo complementos de moda que xa non se usan pero que seguen en bo estado e merecen unha segunda vida. Entre todos podemos encher outras infancias de luz e sorrisos.


📆 Datas: 20 novembro-18 decembro

(1°envío: 12 decembro)

 📍 Punto de recollida: CEIPP Castrillón


Grazas de corazón por participar e por ensinar aos nosos nenos e nenas que a solidariedade tamén se aprende e se practíca.


ANPA Fornobedo