4/25/2014

Equipo dinamización da Lingua Galega

O Equipo de Dinamización da Lingua  Galega do colexio acordou elaborar unhas camisetas cun anuncio publicitario  para a promoción do noso idioma empregando un deseño elaborado polo alumnado de 6º de primaria.


Así, coa colaboración dos diversos departamentos, asociación de pais e nais  e alumnado, estampáronse  lotes de camisetas nas diversas medidas co obxecto de que tanto nenos/as  como adultos sexan portadores entusiastas do noso idioma. Convidámoste a mercar as camisetas que desexes para usar tanto nas celebracións festivas organizadas no colexio como en calquera outro lugar e ocasión.


No vestíbulo de entrada ao centro están expostas unhas mostras das diversas tallas para que poidas  escoller mellor. Tamén poderás velas a través dos seguintes enderezos webs:
  • http:www.edu.xunta.es/centros/ceipcastrilloncoiro
  • http:anpafornobedo.blogspot.com.es


Para realizar o teu pedido indica os datos solicitados no impreso , deposítao xunto co importe total no sobre adxunto e entrégao no colexio. (Pinchade na foto para ver a nota)


O importe de cada camiseta é de 2 €.

Grazas pola túa participación.