3/12/2015

VI CROSS ESCOLAR C.E.I.P. A RÚA

Dende a Anpa, queremos informar a todos os pais e nais que o domingo 15 de marzo, celebrarase o  6º Cross Escolar, a partir das 10.30h. Premiarase con trofeo aos 3 primeiros clasificados de cada categoría e non se darán medallas. 

Todos os nenos e nenas do cole que queiran participar no cross, deberán anotarse antes. NON SE ADMITIRAN INSCRITOS NO MESMO DIA. Os nenos e nenas que teñan algún tipo de alerxia alimentaria deberán especificalo, e ó recoller a merenda, solicitala polo seu nome.