Ola familias!
Tal como xa informaron a través de abalar, neste mes será o proceso de renovación do Consello Escolar do Centro e queremos animar a nais e pais a participar na presentación de candidaturas así como á posterior votación das mesmas.
A educación é unha tarefa compartida entre familias e centro educativo e así debe seguir sendo. É imprescindible a nosa participación neste proceso para non perder a representación das familias no Consello Escolar, que recordamos que é o máximo órgano de goberno dun centro e a posibilidade de ter voz e voto nas decisións que alí se tomen e que concernen aos nosos fillos/as.
Somos actualmente 4 representantes dos 5 posibles e de non presentarse ninguén neste ano seguiremos perdendo portavoces. Precisamos un mínimo de dúas persoas candidatas pero o ideal e que saísen mais persoas postulantes para cubrir posibles sustitucións ou baixas. Non teremos outra oportunidade de reemplazo ata 2026.
Non é requisito imprescindible formar parte da Anpa. Pode presentarse calquera nai, pai, titor ou titora.
É moi sinxelo e por norma xeral soe celebrarse unha reunión cada trimestre
Se tedes calquera dúbida ao respecto ou queredes saber mais sobre o funcionamento do Consello Escolar ou como sería a vosa representación neste, podedes poñervos en contacto coa Anpa que vos explicará con mais detalle.
Prazo de presentacións de candidaturas: ata o venres 8 de novembro
So tedes que cubrir o impreso que vos entregarán en secretaría.

Día disposto para as votacións: martes 19 de novembro, de 16.30 ha 19.00h, na sala do profesorado.
Grazas de anteman e anímadevos a participar!!

Contades co noso apoio!!