✨ Invitación ás familias ✨
Carroza de Reis 2026
Queridas familias,
O noso colexio, a través da ANPA, xa está a preparar a carroza de Reis Magos deste ano e queremos convidarvos a formar parte deste evento tan especial.
Esta vez, baixo o título “Doce Nadal” recrearemos unha carroza chea de lambetadas, bastóns de caramelos e galletas de xenxibre.
A participación das familias é fundamental para facer desta actividade un verdadeiro momento de ilusión para os nosos pequenos/as. Asegurámosvos que os seus sorrisos ese día fan que o esforzo de elaborala mereza a pena.
Como podedes colaborar:
- Axudando na elaboración e decoración da carroza. Comezaremos unha vez remate o cole, normalmente imos entre semana en horario de tarde ao pabillón do cole.
- Proporcionando materiais ou elementos decorativos, case todo o que empregamos soe ser reciclado.
- Axudando na elaboración dos disfraces.
- Axudando na petición de caramelos polos establecementos de Cangas.
Temos un grupo de whatsapp aberto para que todas aquelas familias que queiran formar parte poidan unirse a nós ou preguntar as dúbidas que teñan ao respecto.
O único que requerimos é que para que calquera neno/a poida ir dentro da carroza lanzando caramelos debe de haber colaboración, de algún xeito ou outro, por parte de algún dos proxenitores ou familiar. Outra opción sempre pode ser ir desfilando a pé detrás da carroza.
✨
A DIRECTIVA DA ANPA