9/25/2026

EXTRAESCOLAR DE PISCINA

 Bo día familias, xa temos a oferta de plazas para a extraescolar na PISCINA. Facemos resumo:

- 25 de setembro: hoxe abre o plazo de solicitude de matrícula (PREINSCRIPCIÓN) ata o día 1. Pode facerse online ou presencial. Aceptanse todas as solicitudes, as prazas non se adxudican por orde de chegada.

- 2 de outubro: sorteo de prazas. Se hai mais inscritos que prazas ofertadas en algún grupo, coas persoas inscritas en ese grupo farase un sorteo de prazas.

- 5 de outubro: matrícula definitiva das prazas asignadas. Únicamente presencial. Levade toda a documentación e o importe en efectivo correspondente matrícula e a primeira mensualidade. 


Aquí deixamos a ligazón para poder facela. As familias que non podan facelo en liña teñen que achegarse a piscina.

https://clientes.ivgestion.com/formularios/formulario.php?idInst=43&cod=ECXF5RRUZ4&idForm=104&codVerif=FRDCV98R2A






9/22/2026

Lista de admitidos nas actividades extraescolares

 

Xa está dispoñible a lista do alumnado admitido nas actividades extraescolares deste curso. 📝

LISTA DE ADMITIDOS 

📅 As actividades comezarán o día 1.


📲 Ao longo destes días crearanse os grupos de WhatsApp de cada actividade, co obxectivo de manter unha comunicación o máis directa posible coas familias.

⏰ O horario será sempre de 15:45 a 16:45 h.

🚌 Lembramos que non haberá servizo de autobús ao remate das actividades extraescolares.

Se algunha familia quere inscribirse en algunha outra actividade, no seguinte formulario están as que aínda dispoñen de prazas valeiras. Daremos de prazo esta semana, ata o venres 27.

Formulario de inscrición

Para calquera erro ou aclaración podedes poñervos en contacto coa Anpa, chamando ou por Whatsapp (687 48 95 58)

Un saúdo.

9/15/2026

OFERTA DE EXTRAESCOLARES EN COLES DA CONTORNA

 Para todas aquelas familias que paguen a cota da Anpa connosco, teñen a posibilidade de acudir a actividades de outros centros públicos de Cangas sen ter que pagar outra cota de asociados a maiores.

Esta é a oferta de actividades e colexios:


SAN ROQUE

Este año o seu prazo de inscrición pechou en setembro polo que se estades interesados en alguna actividade contactar coa súa Anpa por se podedes optar a plazas baleiras. (No formulario está o contacto)

PRAZO FINAL ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2026/27


A RÚA

https://drive.google.com/file/d/1yD0YwkFGwDxmU8C2gjLH5Y3QUbtH5BBW/view?usp=sharing.

Pecharase o prazo o Xoves 17 de Setembro ás 20:00 horas👈

O luns 21: listados de inscritos e o alumnado inscrito recibirá confirmación vía mail no curso desa primeira semana.

A inscrición realizarase a través do seguinte formulario

https://forms.gle/MgE3aWwa863PAG6K6.


NAZARET

OFERTA DE ACTIVIDADES

https://forms.gle/atmdtHPccgLeMpRz5



ESPIÑEIRA

OFERTA DE ACTIVIADES

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 26-27



O HÍO

TODAS AS ACTIVIDADES

CADRANTE DE DÍAS E HORARIOS

Solicitude de inscrición a actividades extraescolares 26/27 AFA CEIP O Hío

9/14/2026

EXTRAESCOLARES EN CASTRILLÓN PARA ALUMNOS DOUTROS CENTROS

 

🎭 Actividades extraescolares en Castrillón para alumnado e familias de centros externos

Se tes a cota da ANPA pagada en calquera centro público de Cangas, tamén podes participar nas nosas actividades extraescolares sen pagar outra cota de ANPA a maiores. So tes que adxuntar o xustificante de pago de familia asociada ao final do formulario de inscrición.

CADRANTE DE DÍAS E ACTIVIDADES

INSCRICIÓNS


📌 Data límite para realizar as inscricións: 18 de setembro.


Animámosvos a consultar a información e formalizar a inscrición dentro do prazo establecido.

Grazas pola vosa participación e por seguir apoiando as iniciativas da ANPA!

A BIBLIO DO COLE

A biblioteca do cole é moito máis ca un lugar onde coller libros. Ao longo do curso lévanse a cabo diferentes iniciativas, entre elas, os clubs de lectura, pensados tanto para o alumnado como para as familias, co obxectivo de fomentar o gusto pola lectura e crear un espazo para compartir historias, opinións e experiencias.


📖 Clubs Bulideiras

Dirixido ao alumnado de Educación Primaria, o Club Bulideiras é unha das iniciativas con maior participación e éxito no cole.

Está organizado en tres niveis, adaptados ás diferentes idades e hábitos lectores:

  • 🟢 Nivel fácil
  • 🟡 Nivel intermedio
  • 🔵 Nivel avanzado

Os nenos e nenas participantes len as lecturas propostas e, posteriormente, realizan encontros periódicos en horario escolar para compartir impresións, comentar os libros e desfrutar da lectura en compañía.


☕📖 Café e Papel

A biblioteca tamén abre as súas portas ás familias, todos os días (agás os martes) en horario de extraescolates. As nais/pais tamén podemos facer préstamo de libros ou partricipar en Café e Papel, o club de lectura para adultos.

As reunións celébranse unha vez ao mes, xeralmente os venres, e son un espazo informal para falar de libros, compartir opinións e desfrutar dun momento de encontro arredor da lectura.

Non é necesario asistir a todas as lecturas: cada familia pode participar cando lle apeteza, segundo a súa dispoñibilidade e interese. Ademais, o club está aberto non só a nais e pais, senón tamén a outros familiares, como avós, avoas, tíos, tías...


📚 Porque a lectura tamén é unha oportunidade para compartir, coñecernos e crear comunidade. Estas son as lecturas propostas para este curso:

LECTURAS ALUMNADO E FAMILIAS

Animámosvos a participar nestas iniciativas e a descubrir todo o que a biblioteca do cole ten para ofrecernos ao longo do curso.

9/09/2026

Oferta de actividades extraescolares curso 26-27

 

📚 Inscricións ANPA e actividades extraescolares

Xa están abertas as inscricións para facerse socio/a da ANPA e para participar nas actividades extraescolares deste curso.

Ser socio/a da ANPA permite colaborar e participar na vida do centro e, ademais, contribúe a facer posible a organización de diferentes actividades e propostas para o alumnado.

👉 Facerse socio/a da ANPA:
INSCRIPCIÓN Á ANPA


🎭 Actividades extraescolares


📅 Cadro de actividades, días e horarios:
OFERTA DE ACTIVIDADES


📝 Formulario de inscrición:
INCRICIÓN EXTRAESCOLARES


ℹ️ Máis información sobre cada actividade:
MAIS INFO


📌 Data límite para realizar as inscricións: 18 de setembro.


Animámosvos a consultar a información e formalizar a inscrición dentro do prazo establecido.

Grazas pola vosa participación e por seguir apoiando as iniciativas da ANPA!

9/07/2026

INSCRICIÓN SOCIOS DA ANPA CURSO 26-27

 

INSCRICIÓN NA ANPA FORNOBEDO — CURSO 2026/2027

Un ano máis, contamos contigo! 💙

A ANPA Fornobedo está formada por nais, pais e familias do centro que queremos colaborar, achegar ideas e facer que a vida escolar dos nosos nenos e nenas sexa un pouquiño mellor.

A ANPA é un espazo para compartir propostas, organizar actividades, colaborar co colexio e, sobre todo, dar voz ás familias. Entre todos e todas podemos contribuír a mellorar as instalacións, apoiar iniciativas e crear actividades das que poida gozar o alumnado.

Por iso, se queres formar parte da ANPA e colaborar con nós durante este curso, anímate a facerte socio/a! 😊

A cota para o curso 2026/2027, e como ven sendo nos últimos anos,  é de 20 € por familia (independentemente do número de membros)

Para inscribirte, só tes que cubrir os datos que aparecen a continuación e realizar o pagamento da cota. Unha vez feito, lembra achegar o xustificante bancario do pagamento.


INSCRICIÓN AQUÍ

Moitas grazas por colaborar e por formar parte da ANPA Fornobedo.
Entre todas as familias facemos comunidade! ❤️


  Dossier informativo para familias


(Durante este mes compartiremos a programación e iniciativas para este novo curso)

9/04/2026

MONITORES DE COMEDOR ESCOLAR

 🍽️💛 ¿AXÚDASNOS A COIDAR DOS MÁIS PEQUES?

O momento do comedor tamén forma parte da vida do cole, e para os nosos pequenos de Infantil, contar cunha persoa próxima que os acompañe durante ese anaquiño significa moito. 🥰

Desde a ANPA buscamos nais/pais que queiran colaborar como monitoras/es de comedor, axudando os peques durante a comida e acompañándoos neste momento do día.

Ademais, esta colaboración conta con:

- 🍽️ Comida gratuíta no comedor escolar

- 💶 12,50 € por día, abonados trimestralmente pola Consellería.


Se che apetece colaborar, sabes de alguén que lle interese, ou queres saber máis, ponte en contacto coa ANPA e contámosche como funciona.

Non fai falta facer nada extraordinario. Só acompañar e axudar.

¿Anímaste a formar parte? 💛

9/03/2026

CURSO 26-27 + CALENDARIO ESCOLAR

 ¡Comenzamos un novo curso! 🎒✨

Con ilusión, novos retos e moitas ganas de volver a encontrarnos. 💚





Polo momento compartimos as datas principais do calendario escolar para que poidades ter en conta as datas festivas. Aínda quedan 2 días pendentes de escoller como non lectivos. Estes non serán fixados no calendarios escolar ata que se celebre a 1ª reunión do Consello Escolar (durante os primeiros meses de curso).



6/30/2026

MEMORIA ANUAL DA ANPA (CURSO 25-26)

 Estimadas familias:

Tras as últimas reunións de onte da directiva ANPA e hoxe do Consello Escolar, damos por finalizado, agora sí, este curso.

Queremos aproveitar para compartir convosco a memoria resumo das actividades e iniciativas desenvolvidas pola ANPA ao longo deste curso, agradecendo a participación e colaboración de todas as familias, e a comunidade educativa en xeral, que fixeron posible o seu desenvolvemento.

Tamén compartimos as ligazóns para visualizar a revista A Gamela do cole e o vídeo resumo de actividades do centro (ambos publicados na web do centro).

REVISTA A GAMELA

VIDEO ACTIVIDADES

Desexámosvos un feliz verán e volvemos o vindeiro curso con novas propostas e ilusión renovada.


Un saúdo e BO VERÁN!!!!


A directiva da ANPA












6/11/2026

 

Festa Fin de Curso 25-26 do CEIPP Castrillón



A ANPA está a preparar unha xornada moi especial para celebrar xuntos o remate deste curso escolar. Será un día cheo de actividades, diversión e convivencia para o alumnado, as familias e toda a comunidade educativa.

📅 Data: Venres, 19 de xuño
📍 Lugar: CEIPP Castrillón


Demostración de actividades extraescolares

A xornada comezará ás 9:30 h cunha demostración das actividades extraescolares desenvolvidas durante o curso:

  • Ritmo e baile
  • Baile moderno
  • Ximnasia rítmica
  • Taekwondo

Esta actividade estará aberta á asistencia das familias e realizarase no pavillón. Unha vez finalizada, o cole volverá a pechar as súas portas ata o momento da comida-convivencia.


Programación para Educación Infantil

  • 09:30 – 10:30 h: Demostración de actividades extraescolares.
  • 10:30 – 11:00 h: Merendola especial de fin de curso, proporcionada pola ANPA.
  • 11:00 – 13:00 h: Inchables e xogos rotativos.
  • 13:00 h: Regreso ás aulas.
  • 13:30 – 14:15 h: Comedor.
  • 14:15 – 15:15 h: Película infantil.
  • 15:15 h: Remate da xornada lectiva. Regreso en bus ou recollida no colexio.


Programación para Educación Primaria

  • 09:30 – 10:30 h: Demostración de actividades extraescolares.
  • 10:30 – 13:30 h: Inchables acuáticos, xincanas e xogos rotativos e de auga.
  • 13:30 – 14:00 h: Recollida e mudas.
  • 14:00 – 14:45 h: Comedor.
  • 14:45 – 15:30 h: Sesión de música e baile “Castridisco”.
  • 15:30 h: Remate da xornada lectiva. Regreso en bus ou recollida no colexio.
Para disfrutar dos xogos como se merece, o alumnado de primaria deberá traer unha muda completa, toalla, bañador, calzado axeitado, gorra e crema solar posta da casa. (Incluso poden vir co bañador xa posto para maior comodidade)


Comida-convivencia da comunidade educativa

De 14:45 a 15:30 h (mentres o alumnado de infantil está coa película e primaria coa música) terá lugar un espazo de convivencia destinado ás familias, profesorado e persoal non docente, co obxectivo de compartir un tempo distendido e celebrar xuntos o final do curso mentres picoteamos o que aporten as familias para ese día. 

O establecido, como de costume, será o seguinte:

- Ed. infantil: embutido, canapés...

- 1º e 2º: tortillas variadas

- 3º e 4º: empanadas, empanadiñas...

- 5º e 6º: postres varios

Podedes traer a comida á primeira hora ou no propio momento da convivencia. Como mellor lle conveña a cadaquén. 

Ao rematar, as familias que decidan quedar para a festa da espuma, este é o momento de recoller o alumnado que non marcha en bus para a casa.



Festa da Espuma

Como broche final da xornada, de 16:00 a 17:00 h, celebraremos unha gran Festa da Espuma no patio exterior do centro.

Para disfrutar da festa da espuma como se merece, pedimos e recomendamos traer: chanclas pechadas ou escarpins (as chanchas abertas acaban perdidas entre a escuma), bañador, toalla, roupa e calzado de reposto e, a ser posible, gafas de buceo.

Os alumnos/as que vaian a participar nesta actividade teñen que estar supervisados polo pai/nai ou adulto responsable para este momento. NON PODEN ESTAR SOS.

Estamos desexando compartir esta celebración con toda a comunidade educativa e despedir o curso como merece: con alegría, participación e moita diversión.

Agardámosvos!

DEMOSTRACIÓN GRATUÍTA de Enxeñaría e Robótica con LEGO no CEIP Castrillón

Estades convidados e convidadas a unha DEMOSTRACIÓN GRATUITA de inxeniería e robótica internacional LEGO no CEIP Castrillón o próximo día 17 de xunio as 15:45 h.


 A actividade está enfocada para nenos e nenas de primaria onde van a poder participar, imaxinar, construír, colaborar, resolver retos, descubrir cómo funcionan as cousas e comprender que eles e elas tamén poden crear tecnoloxía de maneira fácil e divertida a través desta actividade.

Por suposto, os país e nais tamén podedes acudir para ver como os cativos e cativas o pasan en grande mentras tamén aprenden competencias STEM, pensamento lóxico, resolución de problemas, creatividade, traballo en equipo, aprendizaxe basado en proxectos, programación, inxeniería, robótica educativa. En definitiva, preparación para os nosos e nosas profesionais do futuro.


(Esta experiencia serviranos para despois valorar, entre as familias e a directiva da anpa, a posibilidade de impartila como actividade extraescolar a partir do próximo curso).


Se desexades asistir, cubride o seguinte formulario. Así aseguramos que haxa material para todos e todas.

https://forms.gle/tvgE1umktu4ScoQG8


Agardámoste!












5/27/2026

EXCURSIÓN ILLA DE ONS (MAIS INFORMACIÓN)

DATA PREVISTA: SÁBADO 13 DE XUÑO

Boas familias,

Informámosvos de que xa se pode proceder ao pago da excursión á Illa de Ons para ir formalizando as reservas. 

O importe final será de 13,50 € / persoa. Grazas a que finalmente contamos cun grupo máis numeroso o custe baixou un pouco. Os menores de 3 anos non pagan. (Se xa teñen os 3 cumpridos sí)

O pago pode realizarse de dúas formas: 

  • Mediante transferencia bancaria ao seguinte número de conta:
    ES35 0049 7823 0328 1002 7378 (B. Santander) Poñer en concepto a mesma persoa que puxestes como responsable no cuestionario.
  • Pasando polo local da ANPA e facendo efectiva a entrega. Neste caso, pregamos que avisades previamente por WhatsApp para tratar de cadrar un día.

Data última de inscrición e pagos: venres 5 de xuño.


Iremos facilitando información máis detallada, pero en principio o horario será:

  • 10:00 h →  entrega de billetes e embarque no Porto de Bueu. Embarcaremos de forma conxunta, cada pasaxeiro co seu billete en man (salvo indicación contraria por parte da naviera).
  • 10:30  →  saída 
  • 19:30 h → regreso

Pola mañá realizarase unha ruta (nada mais chegar á illa. Indicarán as normas do parque e comezaremos a andaina) e pola tarde haberá algún xogo ou actividade de animación (a hora será indicada por consenso co guía no propio día). O resto do tempo será libre.
A comida corre por conta de cada familia.

Deixamos tamén o enlace de inscrición por se alguén máis quere anotarse nesta última apertura de prazo:
https://forms.gle/X6McrACUCvDTJgdL6

📅 Data última de inscrición e pagos: venres 5 de xuño.

Moitas grazas!

5/14/2026

EVENTOS E ACTIVIDADES (MAIO E XUÑO)

(preme na imaxe para ampliar)


VENRES 15 DE MAIO

- Día da Familia: festa holi e animación musical

MÉRCORES 20 DE MAIO

- Xornadas de traballo para a dinamización do patio

VENRES 22 DE MAIO

- Xornadas de traballo para a dinamización do patio

DOMINGO 31 MAIO

- Cross de San Roque


                                                        (preme na imaxe para ampliar)


VENRES 12 DE XUÑO

- Festival fin de curso no Auditorio

SÁBADO 13 DE XUÑO

- Excursión de fin de curso para as familias

VENRES 19 DE XUÑO

- Festa de fin de curso e festa da escuma

LUNS 22 DE XUÑO

- Comezo da ludoteca de verán no cole

Excursión familiar á Illa de Ons

 Dende a ANPA estamos a organizar unha excursión de fin de curso coas familias á Illa de Ons para gozar xuntos dunha xornada de convivencia, natureza e actividades ao aire libre.

📅 Data: sábado 13 de xuño
📍Saída: dende Bueu ás 10:30 h
⚠️ Será necesario estar con antelación suficiente para realizar o embarque. (30 minutos antes)

🕢 Regreso: saída de Ons ás 19:30 h

💰 Prezo

  • 14 € por persoa

  • Nenos/as de 0 a 2 anos: gratis

O prezo podería reducirse se finalmente se forma un grupo de máis de 56 persoas.

✅ O prezo inclúe

  • Catamarán ida e volta

  • Ruta guiada pola mañá

  • Actividade/animación pola tarde

📝 Inscricións

Abrimos dende hoxe o prazo de inscrición co fin de reservar a data coa maior antelación posible e non perder as prazas dispoñibles.

https://forms.gle/X6McrACUCvDTJgdL6

A DATA LÍMITE DE INSCRICIÓNS SERÁ O VENRES 22 DE MAIO.

pero se podemos reservar antes moito mellor.

⚠️ Importante:
Neste momento só é necesaria a inscrición. O pago realizarase nas próximas semanas, cando o ANPA o comunique.

Proximamente facilitarase:

  • forma de pago,

  • horarios definitivos de encontro,

  • e recomendacións para a excursión.



5/13/2026

XORNADAS DE ATLETISMO BASE - VILA DE CANGAS

Dende o clube Vila de Cangas, pídennos achegarvos esta ligazón con información sobre a Xornada de Atletismo Base que van organizar o vindeiro sábado 16 de maio no Estadio Municipal de Atletismo de Cangas.


https://www.viladecangas.com/eventos/xornada-atletismo-base-trofeo-cangas-dental




5/08/2026

DÍA DA FAMILIA. ANIMACIÓN E FESTA HOLI

 Estimadas familias:

Dende a ANPA faínos moita ilusión convidarvos a celebrar xuntos o próximo Día da Familia cunha actividade moi especial: unha Festa Holi con animación musical, pensada para gozar en comunidade, compartir un anaco divertido e encher o cole de cor e alegría.

O Día da Familia celébrase todos os anos o día 15 de Maio e é unha oportunidade especial para festexar a unión, a diversidade e a alegría de compartir en familia. 

A celebración terá lugar o próximo venres 15 de maio, no "campo de arriba" do cole. Comezará ás 17:00 h e rematará ás 19:00 h.

Durante a festa haberá música, baile e lanzamento de po de cores tipo Holi, elaborado con materiais seguros e aptos para o seu uso festivo. Recomendamos asistir con roupa cómoda e, se é posible, de cor clara ou branca (que non importe manchar), para gozar máis da experiencia.

Pedímosvos tamén que os nenos e nenas traian gafas de sol ou de buceo, para protexer os ollos e moitas ganas de pasalo ben.

De forma opcional, deixamos a elección de cada familia a opción de traer unha muda ou roupa de recambio para a volta a casa.


ENTRADAS:
Familias socias da ANPA: GRATIS
Familias non socias da ANPA:  2€/crianza
Non esquezas traer o teu carné de familia asociada.

Coa entrada, entregarase a cada neno/a 1 bolsa de polvos para empregar durante varios momentos ao longo da tarde. A maiores, disporemos de mais bolsas para calquera familia que desexe adquirir mais, o seu custe será de 1,50€.

Contaremos tamén con dúas monitoras que dinamizarán e animarán a festa durante toda a tarde. Non obstante, lembramos que a actividade non é un servizo de conciliación nin de coidado, polo que cada nai, pai ou titor/a será responsable da atención e supervisión dos seus fillos e fillas en todo momento.

A actividade está organizada pola ANPA co obxectivo de fomentar a convivencia e crear un espazo de encontro para todas as familias de Castrillón.

Agardamos contar coa vosa participación para compartir unha xornada chea de música, cor e diversión.

Un cordial saúdo,

A Xunta Directiva da ANPA




5/06/2026

LUDOTECA DE VERÁN NO COLE

 ¡Campamento de verán no cole!

Dende a ANPA queremos ofrecer a todas as familias una opción divertida, educativa e conciliadora para as vacacións de verán do cole. Este campamento/ludoteca é unha proposta para facilitar a organización traballo-familia na que os nenos e nenas disfrutarán de actividades creativas, xogos, saídas e talleres temáticos desta época.

A continuación deixamos os horarios e prezos :

HORARIO HABITUAL DE 9:00H  A 14:00H:

- MENSUAL: 130€

- QUINCENAL: 75€

- SEMANAL: 40€

- DÍA SOLTO: 10€


HORARIOS AMPLIADOS: MÁXIMO DE 8:00H a 15:00H

- MENSUAL: 160€

- QUINCENAL: 100€

- SEMANAL: 65€

- DÍA SOLTO: 12€

A DATA LÍMITE DE INSCRICIÓN SERÁ O VENRES 5 DE XUÑO


Primeiro farese unha preinscrición e despois a empresa encargada da actividade mandaravos a folla de inscrición definitva para cubrir e aportar datos mais detallados como a autorización de imaxes, persoas autorizadas para a recollida das crianzas...

PRE-INSCRICIÓN AQUÍ




OUTRAS PREGUNTAS E ACLARACIÓNS:

¿Poderán ir nenos e nenas doutros coles? 
Sí, sempre que sexan centros asociados á Federación de ANPAS de centros públicos de Cangas, A Gameliña. E dicir: A Rúa, Nazaret, San Roque, O Hío e Espiñeira.

¿Pódense variar os horarios dentro das semanas por turnos de traballo?
Sí, o único a ter en conta e situarse dentro dos rangos de horario establecidos para identificar o custe deses días. Por exemplo, se unha semana a crianza entra as 9:00h e outra semana as 10:00h estamos dentro do mesmo rango horario establecido. Ou se, por exemplo, escollemos o horario de comezar ás 8:00 pero levamos a crianza ás 8.30 o prezo será o mesmo porque estamos dentro dese rango horario.

¿Hai posibilidade de ter desconto se vai moitos días soltos ou varios días na semana pero continuados?
Nestes casos, se son días que teñen unha continuidade no tempo pódese facer un cómputo dos días e pagar como unha semana ou quincena. 

¿Os pagos son a comezos de mes ou a finais?
Os pagos son sempre por adiantado, sexa cal sexa a opción escollida


5/05/2026

Mellora do patio do cole!! APÚNTATE!!!!

 Ola familias! 👋  

Lanzámosvos un plan dos que molan de verdade… 😏

Imos transformar o patio do cole e convertelo nun espazo cheo de xogos, cor e vida para os nosos peques 🎨 Queremos darlle unha posta a punto ao patio do cole e convertelo nun sitio aínda máis divertido e dinámico: xogos pintados no chan, novas zonas, tipis de madeira… todo con materiais reciclados.

A idea é facelo entre todos, en varias xornadas, nun ambiente agradable de compañeirismo, risas, pinceis na man e modo bricolaxe en ON🔛.

👉 ❌Non precisamos experiencia 😂😜 nin pulso de artista 🖼️, só ganas de botar unha man ✅, pasar un bo rato e facer algo bonito para os nenos/as.✅

Estamos organizando os grupos de traballo e preparando todo o material para comezar a finais desta semana (xoves e venres se o tempo nolo permite), así que precisamos saber quen se apunta.

Se te animas, respóndenos no formulario: https://forms.gle/tiaGs5PG5obWaUd19

Cantos máis sexamos, máis doado, máis rápido e moito máis divertido 💪 Seguro que entre todos facemos algo chulísimo para os nenos! 🙌

Vai pagar moito a pena velo rematado!


(Posdata: o café e o picoteo convida o ANPA 😉😉)


NOVAS DATAS NAS QUE IMOS REUNIRNOS.

MÉRCORES 20 DE MAIO ÁS 17:00H     

VENRES 22 DE MAIO  ÁS 17:00H

Acabaremos as tarefas pendentes da xornada anterior e comezaremos o pintado de xogos e outras ideas.

Estes son só algúns exemplos do que temos previsto!! 😉😉